Saltar ao contido

Músculo adutor do polgar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O músculo adutor do polgar é un músculo do membro superior humano, pertencente á man. É un músculo de tamaño grande, triangular, que cruza a palma da man, situado por diante dos músculos interóseos dorsais da man e dos palmares. Na súa orixe, posúe dúas porcións:

  • Unha transversa, que se insire na zona anterior do corpo do terceiro metacarpiano.
  • Unha oblicua, procedente do óso grande e das bases do segundo e terceiro metacarpiano.

As dúas porcións converxen ata fusionarse e constituír un tendón, que adoita ter no interior un óso sesamoide. Insírese na superficie medial da base da falanxe proximal do polgar e na vaina extensora.

A arteria radial discorre entre as dúas porcións no seu traxecto cara ao plano fondo da man e formar o arco palmar fondo.

Funcións

[editar | editar a fonte]

Aduce e opón o polgar.

Innervación

[editar | editar a fonte]

É innervado pola póla fonda do nervio cubital

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomía para estudiantes. (en castelán)